O vindeiro 5 de agosto do 2022 ás 20:00h. terá lugar a inauguración da exposición fotográfica "Mariscado" de Olláparo, unha colección que amosa o traballo diario do sector marisqueiro. Pode se visitada ata finais de mes en horario de luns a venres de 9:00 a 14:00h. agás festivos no Centro Social de Cabo de Cruz. (Ver pax. exposicións).
CENTRO SOCIAL DE CABO DE CRUZ
ENDEREZO: Pesqueira nº 93 - 15939 Cabo de Cruz - Boiro - A Coruña / TELEFONO: 981 84 78 59 / EMAIL: cabodecruz@boiro.org / WEB: www.cabodecruz.org / HORARIOS: De 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00h de luns a venres. Pechado luns e venres pola tarde e sábados, domingos e festivos todo o día. / Horario verán: de luns a venres de 09:00 a 14:00h.
APERTURA EXPOSICIÓN PICTÓRICA XULLO 223
A partires do 5 de xullo do 2022 en horario de luns a venres (agás festivos) de 9:00 a 14:45h poderán ollar as obras píctóricas de Pepa Mariñoe Esther Molinero (ver pax. expo)
LISTADOS DE ADMITIDOS CAMPAMENTOS DE VERÁN BOIRO 2022
LISTADOS CAMPAMENTO ABANQUEIRO
· Alegacións: No caso de que se fixese a solicitude en prazo e o/a participante non saíse na lista ten dende a publicación das seguintes listas ata o 21 de xuño do 2022 ás 13:00h. para facer as alegacións oportunas nas dependencias do Centro Social de Cabo de Cruz, no correo cabodecruz@boiro.org ou no teléfono 981 84 78 59.
· Data de pago e entrega de documentación: debe facer o pago e unha vez efectuado o ingreso, lembren que deben entregar na Casa da Cultura de Boiro ou no Centro Social de Cabo de Cruz o exemplar de autoliquidación para a administración ou o recibo bancario si o pago se efectuou con tarxeta. Será nestes intres cando se faga efectiva a inscrición do/a participante.
· Prazo de pago: Dende a publicación destas listas ata o 29 de xuño ás 12:30h.
·
No caso
de renuncia solicitase que o comuniquen nas dependencias do Centro Social de
Cabo de Cruz, no correo cabodecruz@boiro.org
ou no teléfono 981 84 78 59, o antes posible
CAMPAMENTOS DE VERÁN BOIRO 2022
A Concellería de Educación do Concello de Boiro leva a cabo unha nova edición do Campamento concilia de Verán 2022 destinado a nenas e nenos de entre 3 e 12 anos.
Esta actividade ten como finalidade facilitar ás familias un recurso de conciliación con horarios flexibles e axustado ás súas necesidades, ofrecendo unha alternativa lúdica, formativa e integradora de ocio e tempo libre ás crianzas participantes.
O desenvolvemento das actividades do campamento está basado en técnicas de intervención participativas e activas, nas que se fomentará a creatividade e os valores de respecto e solidariedad con enfoques non sexistas.
Consulta as bases de participación , DESCARGAS:
Prazo e presentación de solicitudes:
Do 1 ao 10 de xuño no Rexistro Xeral ou sede electrónica do Concello de Boiro.
Calendario: o Campamento concilia de Verán 2022 desenvolverase entre o 4 de xullo e o 30 de agosto agás sábados, domingos e festivos.
Lugar: as actividades do campamento de verán terán lugar nas seguintes instalacións (a escoller unha):
- CEIP Santa Baia de Boiro (105 prazas)
- CEIP Abanqueiro (30 prazas)
- Centro Social de Cabo de Cruz (25 prazas)
Horarios (a escoller un):
- de 8.00 a 14.00 horas
- de 10.00 a 14.00 horas
Tarifas:
100 euros/ mes para o horario de 8.00 a 14.00 horas
90 euros/mes para o horario de 10.00 a 14.00 horas
*desconto do 50% por dous ou máis irmáns e do 80% para persoas de exclusión social.
Criterios de selección:
- Primará a asistencia de dous meses sobre un
- Orde de entrada da solicitude no Rexistro
- Estar empadroados no Concello de Boiro
- Ocupación laboral dos proxenitores ou titores legais
INAUGURACIÓN EXPOSICIÓN DE OBXECTOS DO MUNDO
O 6 de maio do 2022 ás 12:00h. inauguraremos a exposición de aveños do mundo titulada "Descubrindo o Mundo". Esta exposición é froito de toda a comunidade educativo do CEIP STª Mª do Castro, onde o alumnado, xunto co profesorado e coa colaboración das familias fixeron un traballo laborioso que deu lugar a esta exposición que poderedes ver ata finais de mes en horario de luns a venres de 9:00 a 14:00h. e de martes a xoves de 16:00 a 19:00h. no Centro Social de Cabo de Cruz. (Ver pax. exposicións)