INAUGURACIÓN AULA DE ORDENADORES


O Centro Social de Cabo de Cruz amplía os seus servizos inaugurando a aula de ordenadores.
Para tal fin, coa colaboración da Cruz Vermella Local de Boiro, procederase a apertura da sala o día 26 de novembro ás 10:00h., cun curso gratuíto destinado a persoas maiores de 55 anos que durará ata marzo.. Todas as persoas que queiran asistir deben apuntarse no C. Social de Boiro, no C. S. de Cabo de Cruz ou ben chamando ao teléfono 981 84 26 35 (ext. Cruz Vermella).

Por outra banda, tamén se abren as inscricións para outro curso de informática para maiores de 30 anos con custo mensual.  As persoas interesadas poden inscribirse ou informarse no Centro Social de Cabo de Cruz ou ben chamando ao 689 36 76 81 ou 981 84 78 59.

@S usuar@"s do Centro que queiran utilizar os ordenadores, poden facelo a partires do 26 de novembro de 10:00 a 13:45h. de luns a venres e de 16:00 a 18:45h. de martes a xoves excepto durante os horarios establecidos para a impartición de cursos. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario