XORNADA RE-MAR II (AMICOS)

 Comprácenos convidarlle á Xornada Remar II que se celebrará o vindeiro xoves 7 de outubro de 2021 no Centro Social de Cabo de Cruz.

O proxecto Remar II "Custodia Ambiental para a Redución de Residuos no Espazo Mariño Protexido das Rías Baixas" é un proxecto, impulsado por AMICOS, xunto co Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, desenvólvese coa colaboración da Fundación Biodiversidade, do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, a través do Programa pleamar, co financiado polo FEMP.

A presente xornada, ten como obxectivo presentar as accións do proxecto Remar II, indagar nas boas prácticas que se están a levar a cabo no territorio e, mediante unha dinámica participativa na que traballaremos todas as persoas do entorno das Rías Baixas, buscar novas ideas para previr a xeración de lixos mariños. Tamén se realizará a entrega dos recoñecementos Buque Azul do programa Remar I. A xornada rematará con un pincho servido polo equipo Ñam Ñam de Amicos na Lonxa do Cabo da Cruz.

 

Para acudir á xornada, será preciso que responda a esta mensaxe confirmando a súa asistencia e indicando o nome e apelidos de todas as persoas asistentes. Tamén pode inscribirse por teléfono no 981865716 ou a través do seguinte formulario: https://bit.ly/XornadaRemarII

 

Teña en conta que contamos cun aforo limitado por causa da Covid

No hay comentarios:

Publicar un comentario