I XUNTANZA DE PALILLEIRAS E BORDADORAS C.SoCC

O sábado 12 e domingo 13 de xullo de 11:00 a 14:00 e de 17:30 a 20:30h. terá lugar a I
Xuntanza de Palilleiras e Bordadoras do Centro Social de Cabo de Cruz. Durante as catro xornadas estará aberto ao público, de forma gratuíta, a exposición cós traballos realizados artesanalmente polas alumnas das escolas de Mariví Santos e Mª José F. Figueroa. Así mesmo nesta exposición tamén poderán verse os traballos realizados polos alumnos de Gomaeva: "bonecas fafuchas" de Marita Alcalde, e os broches de bonecas de Manola Places. Ao mesmo tempo teremos, tamén durante as catro xornadas, exhibición de bordados e bolillos das artesáns, así como a elaboración de Juan José Farto "Chicho" das súas tellas e táboas artísticas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario