O vindeiro 5 de xuño do 2015, ás 21:00h terá lugar no CSoCC o acto de presentación previo do XII Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia.
O programa consiste na proxección do documental “Cabo-Terranova: Unha
ollada dende o Argus”. Este audiovisual será comentado por Xurxo Souto coas
vivencias e anécdotas de mariñeiros que traballaron en Terranova e o Gran Sol.
A continuación haberá un baile (de gala) para diversión de todos os
veciños amenizado por un coñecido DJ.
No hay comentarios:
Publicar un comentario