HOMENAXE Á GAMELA DE CABO DE CRUZ. LEMBRANDO O ENCONTRO

A Asociación A Gamela de Cabo de Cruz, xunto o Concello de Boiro  está a organizar un programa de actuacións para homenaxear á embarcación a gamela e lembrar o  “Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia” en Cabo de Cruz que tivo lugar o pasado ano no mes de xullo.


O acto  “ Homenaxe á Gamela de Cabo de Cruz: Lembrando ao Encontro” céntrase na figura desta embarcación considerada  como elemento patrimonial mariñeiro e  etnográfico moi representativo deste pobo mariñeiro.
Esperamos que tod@s participedes de este programa cultural e que sexa do voso agrado.




No hay comentarios:

Publicar un comentario