OBRADOIRO DE MANUALIDADES: "RECICLA E CREA COAS MANS"

Tódolos xoves de 10:30 a 12:00h., do 4 de maio ao 29 de xuño do 2017 terá lugar o obradoiro de manualidades e restauración impartido polo persoal do Centro de Día de Boiro e destinado a persoas xubiladas do Concello de Boiro. O obradoiro é gratuíto aínda que os participantes deberán traer un mínimo de material. As prazas son limitadas e xa poden apuntarse no Centro Social de Cabo e recoller a lista de material necesario.

No hay comentarios:

Publicar un comentario