OBRADOIRO DE ANTROIDO / FESTA INFANTIL


Do martes 19 ao xoves 28 de febreiro do 2019 podedes inscribirvos, no Centro Social de Cabo de Cruz, no obradoiro de "Repostería e Confección de Máscaras de Antroido". O obradoiro está destinado a nen@s de 6 a 12 anos e tanto a inscrición como o obradoiro son gratuítos. Prazas limitadas.


Lembrade que é imprescindible que un responsable adulto cubra a ficha de alerxias/imaxe do menor antes de entrar no obradoiro.

Tamén, para os mais pequenos, tendes a "Festa Infantil de Antroido" o domingo 3 de marzo a partires das 17:00h. na praza do Concello (se chove, trasladarase a Sala de Eventos do Mercado Municipal) no cal podedes participar en obradoiros, xogos, bailar ao son da música dun DJ e divertiros vendo o espectáculo "Cores, Contos e Rock´n´roll" de Pakolas coa colaboración de Laura Romero. Toda esta actividade é gratuíta.

No hay comentarios:

Publicar un comentario