OBRADOIRO DE CONFECCIÓN DE MÁSCARAS E REPOSTERÍA DE ANTROIDO

A programación do Entroido Boiro 2019 incluía o obradoiro de "máscaras e repostería de Antroido" destinado a 30 nenos/as (divididos en dous turnos) de 6 a 12 anos.  Dito obradoiro celebrouse o luns e mércores no Centro Social de Cabo de Cruz con gran éxito. Os cativos confeccionaron as súas máscaras personalizadas onde a imaxinación non tivo fin. Así mesmo, na parte de repostería, elaboraron antefaces que decoraron con virutas de caramelo e chocolate fundido. O resultado, exquisito dado que unha vez feitos os doces os rapaces degustaron as súas obras pasteleiras non deixando nin as migas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario