
Do 11 de xullo ao 30 de agosto, de martes a mércores, de 10:30 a 13:30h. @s nen@s poderán divertirse con diferentes obradoiros, xogos, saídas culturais, etc
Para a inscrición un responsable maior de idade debe recoller o impreso que debe ser perfectamente cumplimentado e aboar o importe de 36€ (10% de desconto para irmáns) tras cubrie o formulario de autoliquidación cos datos que se lle indicarán. Unha vez pagado, deben presentar unha copia do recibo de pago no Centro Social e entregar o impreso da inscrición.
Importante: Tal inscrición farase efectiva unha vez presenten toda a documentación no CSoCC.
Prazo de inscrición: Do 25 de xuño ao 9 de xullo do 2019 (ambos inclusive)
Prazas limitadas
Nota: Poden pasar polo centro a recoller os impresos a partires do 17 de xuño de 9:00 a 14:00h. Ainda que non poderán formalizar a inscrición ata o 25 de xuño.
No hay comentarios:
Publicar un comentario