Posteriormente pasouse a apertura do obradoiro de traballo onde visitantes locais
e foráneos puideron ollar en directo como estas artesáns movían os fíos para
crear fermosas pezas de encaixe, bordado e ganchelo. Incluso, a concelleira,
animada polas alí presentes, non dubidou en coller a palilla e seguir as indicacións
dunha alumna converténdose así nunha palilleira mais durante un intre.
A xornada catalógase de espectacular, non so pola afluencia de público
(arredor de 300 persoas visitaron o obradoiro e a exposición) senón polo éxito
obtido, tanto na montaxe da exposición, como na interacción das participantes
có público visitante reflectido en numerosas felicitacións.
A mostra estará aberta ao público ata o 29 de agosto de 9:00 a 14:00h.
No hay comentarios:
Publicar un comentario