CAMPAMENTO DE VERÁN BOIRO 2020



Apreciadas familias,  
A situación que estamos a vivir por mor do covi-19 fai que a día de hoxe aínda non teñamos a autorización necesaria, por parte das autoridades de Sanidade competentes, para levar a cabo os campamentos de verán.
Dado que o tempo aprema, porque o mes de xullo xa o temos enriba e os preparativos deste posible  campamento requirirán máis tempo de preparación, dende o Concello de Boiro, tomouse  a decisión de facer  a  preinscrición para ir adiantando os preparativos en caso de que finalmente  pódase celebrar o campamento.
FACER A PREINSCRICIÓN NON QUER DECIR QUE SE CELEBRE O CAMPAMENTO. Só se fará si se dan as autorizacións pertinentes, e si se pode facer fronte a toda a normativa de seguridade que impoñan, polo ben d@s cativ@s.

Tamén queremos informar, que estes campamentos difiren das edicións anteriores :
. As medidas restrinxidas limitan o número de prazas
. Trataremos de descentralizar nas parroquias, que comprenden o termo municipal de Boiro, o lugar de celebración dos campamentos. Informarase da localización tras a valoración das preinscricións.
. A selección das persoas participantes NON se fará por orde de rexistro, senón tras a avaliación de criterios de  CONCILIACIÓN LABORAL, única e exclusivamente.

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR:
§   Impreso de preinscrición ANEXOS: I, II, III, IV e V
§   Certificado laboral de empresa  das persoas que figuran no volante de empadroamento onde se
especifique os horarios e períodos de vacacións ou  outra documentación que acredite circunstancias persoais que requira a necesidade do servizo
§   Certificación expedida pola Axencia Tributaria  (renda) das persoas da unidade familiar,
§   Impreso de consentimento informado asinado
§   Valoración de dependencia,  certificado de discapacidade ou no seu defecto,  informe do seu
facultativo médico en caso de vivir con persoas maiores de idade que non traballen e non poidan coidar dos cativos pola súa situación.

PERSOAS DESTINATARIAS:
. As persoas destinatarias destes  campamentos serán nenos/nas de 6 a 12 anos cumpridos (nados do 2008 ao 2014)

 HORARIOS,  PREZOS E DATAS:

. Modalidades (a escoller unha):
  •  08:00 a 14:00h  75€ mes ( 100€ dous meses)
  •  09:30 a 13:30h. 50€ mes (75€ dous meses)

  • Datas previstas de realización: do 6 de xullo ao 28 de agosto do 2020.  ( as datas están suxeitas a posibles modificacións)

 LUGAR E PRAZO DE PREINSCRICIÓN:
Rexistro xeral do Concello de Boiro (de 09:00 a 13:30h) ou a través da sede electrónica dende a publicación desta convocatoria  ata o 23 de xuño do 2020.
PODEN DESCARCAR OS IMPRESOS NA WEB MUNICIPAL: boiro.gal



No hay comentarios:

Publicar un comentario