APERTURA EXPOSICIÓN PICTÓRICA SETEMBRO 2020

A partires do día 2 de setembro e ata finais de mes en horario de 9:00 a 14:00h. e a partires do 16 de setembro de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00h. poderedes visitar a sala de exposicións do Centro Social de Cabo de Cruz para ollar as obras de Fran Gess, baixo o título "Paixón Agochada" .

 Fran Gess é un Boirense que nun principio de forma autodidacta, comezou os seus inicios no mundo do debuxo e da pintura. Tras recibir clases e presentarse a varios certames, o gusanillo entroulle tanto, que esta arte, se converteu na súa paixón.
Nestes intres conta cunha gran colección de obras que nunca sacou a luz, e por casualidades da vida, falando cunha compañeira do tema amosoulle a súa obra. Grazas a esa casualidade, Fran Gess, expoñe por primeira vez no Centro Social de Cabo de Cruz baixo o título , que non podería ser outro mais que, “Paixón Agochada”.
 (Ver Pax Exposicións)

No hay comentarios:

Publicar un comentario