A Concellería de Educación do Concello de Boiro leva a cabo unha nova edición do Campamento concilia de Verán 2022 destinado a nenas e nenos de entre 3 e 12 anos.
Esta actividade ten como finalidade facilitar ás familias un recurso de conciliación con horarios flexibles e axustado ás súas necesidades, ofrecendo unha alternativa lúdica, formativa e integradora de ocio e tempo libre ás crianzas participantes.
O desenvolvemento das actividades do campamento está basado en técnicas de intervención participativas e activas, nas que se fomentará a creatividade e os valores de respecto e solidariedad con enfoques non sexistas.
Consulta as bases de participación , DESCARGAS:
Prazo e presentación de solicitudes:
Do 1 ao 10 de xuño no Rexistro Xeral ou sede electrónica do Concello de Boiro.
Calendario: o Campamento concilia de Verán 2022 desenvolverase entre o 4 de xullo e o 30 de agosto agás sábados, domingos e festivos.
Lugar: as actividades do campamento de verán terán lugar nas seguintes instalacións (a escoller unha):
- CEIP Santa Baia de Boiro (105 prazas)
- CEIP Abanqueiro (30 prazas)
- Centro Social de Cabo de Cruz (25 prazas)
Horarios (a escoller un):
- de 8.00 a 14.00 horas
- de 10.00 a 14.00 horas
Tarifas:
100 euros/ mes para o horario de 8.00 a 14.00 horas
90 euros/mes para o horario de 10.00 a 14.00 horas
*desconto do 50% por dous ou máis irmáns e do 80% para persoas de exclusión social.
Criterios de selección:
- Primará a asistencia de dous meses sobre un
- Orde de entrada da solicitude no Rexistro
- Estar empadroados no Concello de Boiro
- Ocupación laboral dos proxenitores ou titores legais
No hay comentarios:
Publicar un comentario